Avilés interésase polas instalacións da Policía Local de Lugo como referente en materia de equipamentos e dotacións municipais

A rexedora, Lara Méndez, recibiu hoxe no Concello á súa homóloga asturiana, Mariví Monteserín, moi interesada en coñecer as dependencias de San Fiz como modelo para renovar a Xefatura do seu municipio.

Martes, 19 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Avilés interésase polas instalacións da Policía Local de Lugo como referente en materia de equipamentos e dotacións municipais

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá á súa homóloga do municipio de Avilés.

Ámbalas dúas rexedoras reuníronse primeiramente na Casa Consistorial onde Lara Méndez e Mariví Monteserín conversaron sobre o importante papel que as Administracións locais exercen nesta etapa de recuperación pandémica “para a que resulta fundamental o bo entendemento e a colaboración institucional”, subliñou a alcaldesa lucense.

Méndez aproveitou o encontro para expoñerlle á rexedora asturiana o modelo de cidade no que Lugo está a basear o seu crecemento e que – apoiado nos diferentes fondos europeos - “pasa pola súa resiliencia fronte ao cambio climático pero tamén por poñer en valor os recursos propios como principal fonte de riqueza e de atractivo empresarial”, ao tempo que enxalzou a valía do patrimonio histórico, cultural e artístico que posúe o municipio, así como a súa riqueza inmaterial “que ten o seu máximo expoñente nas súas xentes, na excelente gastronomía e, por suposto, no bo facer dos hostaleiros e comerciantes lucenses”, afirmou.

Logo da recepción na Praza Maior, Lara Méndez e Mariví Monteserín trasladáronse ás dependencias da Policía Local xa que a alcaldesa asturiana tiña moito interese por coñecer as instalacións e o equipamento do que este Corpo de seguridade dispón en San Fiz, “por ser todo un referente en canto a dotacións municipais e como modelo que pode ser para nós á hora de reformar as nosas dependencias, tendo en conta a similitude dámbalas dúas Policías locais”. Durante a visita ao inmoble, as rexedoras estiveron acompañadas polo Inspector Xefe de Lugo, Jesús Piñeiro e polo Comisario Xefe de Avilés, Rafael Rodríguez que compartiron experiencias sobre o labor que desenvolven nas súas respectivas cidades.

No transcurso da xuntanza, a rexedora local entregoulle á mandataria de Avilés, un libro sobre a historia de Lugo e o pin de prata do Concello como regalos institucionais.

Multimedia

  • Avilés interésase polas instalacións da Policía Local de Lugo como referente en materia de equipamentos e dotacións municipais

Noticias relacionadas