Avanza o plan de calmado de tráfico en cinco novas zonas da cidade posto en marcha pola concellería de Infraestruturas

Estanse a construír elementos de calmado de tráfico en de cinco zonas da cidade

“Seguimos traballando no calmado de tráfico en toda a cidade, unha serie de intervencións moi importantes que executamos desde a nosa chegada ao goberno”, afirmou Rubén Arroxo

Venres, 30 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Avanza o plan de calmado de tráfico en cinco novas zonas da cidade posto en marcha pola concellería de Infraestruturas

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou a avenida Adolfo Suárez onde se están a executar traballos enmarcados no plan de calmado de tráfico, que foi iniciado pola Tenencia de Alcaldía desde a chegada ao goberno municipal. “Buscamos un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza de toda a cidade”, afirmou Rubén Arroxo, que destacou “a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando nas zonas escolares, e que agora expandimos a novas zonas da cidade”.

Estase a executar a construción de cinco novos pasos de peóns elevados na Avenida de Madrid, xunto á praza do Rei, na rúa San Eufrasio, en Casas Vellas, Avenida Adolfo Suarez e rúa dos Gardas. Ademais de instalarse novos lombos nas rúas Mar Cantábrico, rúa da Saúde, Calzada das Gándaras e Virxe da Soidade, en zonas onde non é posible realizar un paso de peóns elevado.

Arroxo afirmou que “seguimos a traballar para que Lugo se convirta nunha cidade na que as persoas sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre os pasos de peóns elevados | Descargar mp3

Multimedia

  • Avanza o plan de calmado de tráfico en cinco novas zonas da cidade posto en marcha pola concellería de Infraestruturas

Noticias relacionadas