Aumenta nun 25% a concesión de licenzas neste primeiro semestre con respecto ao mesmo exercicio anterior

Das 533 licenzas de obra concedidas dende xaneiro a xuño no municipio, 390 corresponderon a proxectos de obra menor e 143 foron licenzas de obra maior

Sábado, 09 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo concedeu máis de 530 licenzas de obra ao longo do primeiro semestre de 2016, o que supón un aumento dun 25% con respecto ás tramitadas no exercicio anterior, uns datos, que, a xuízo do Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, mostran unha tendencia de repunte no sector da construcción, o que contribuirá a dinamizar o emprego e a cidade.

Tal e como avanzou o edil, das 533 licenzas de obra concedidas dende xaneiro a xuño no municipio, 390 corresponderon a proxectos de obra menor e 143 foron licenzas de obra maior.

No que respecta ao sector inmobiliario, neste primeiro semestre, destacan as licenzas concedidas para a edificación de vivendas en Bolaño Rivadeneria, cun presuposto de 907.300 euros, na rúa Xacinto Calvo, por 546.000 euros, ou en Lamas de Prado, por 229.600 euros. Por outra banda, no que se refire á construción de naves, cómpre salientar as licenzas outorgadas para almacén, envasado e distribución de cales e carbonatos agrícolas, na rúa Cruz Gallastegui Unamundo, por 253.000 euros, unha nave para almacén de materiais de fontanería, calefacción e ferretería así como outra para a exposición e venda destes materiais, por 342.800 euros, ou diferentes naves industrial sen uso definido de dúas plantas por 455.740, 228.000 ou 172.400 euros, respectivamente.

Noticias relacionadas