A asociación Pepe Barreiro organiza unha exposición con motivo do seu 20º aniversario

A exposición achega á veciñanza os 20 anos de historia dunha iniciativa promovida polo tecido asociativo da cidade

A exposición, que repasa as edicións do enterro da sardiña, poderá visitarse na rúa da Raíña

Xoves, 13 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A asociación Pepe Barreiro organiza unha exposición con motivo do seu 20º aniversario

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acudiu, xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, á presentación da exposición Asociación Pepe Barreiro, un antes e un despois, coa que a área de Cultura colabora, e na que a asociación fai un repaso destas dúas décadas organizando as actividades do Enterro da Sardiña. “Unha viaxe pola historia desta asociación tan importante para o as festas do Entroido en Lugo”, indicou Maite Ferreiro.

“Trátase de facer un recoñecemento ao traballo feito pola asociación Pepe Barreiro, que nos lembra ás persoas que foron protagonistas do Entroido”, indicou Maite Ferreiro, que destacou “seguen a traballar para manter vivo o Enterro da Sardiña”.

Enterro da Sardiña

O mércores 26 terá lugar o Enterro da Sardiña. Ás 19:00 o quiosco da música da praza Maior acollerá o Velorio da Sardiña. Todas as persoas que queiran acompañar á familia no Velorio están convidadas. Así mesmo, poderán deixar constancia da súa pena no libro de firmas. Ás 19:30 a Santa Compaña fará un percorrido pola praza Maior cantando miseres en latín, e achegarase ao Velorio para apoderarse da ánima da Sardiña. Ás 20:00 comezará o Enterro da Sardiña. O cadaleito sairá do quiosco para se incorporar á procesión no Circulo das Artes e percorrerá diferentes rúas de Lugo, con paradas na praza do Campo e da Soidade, ata rematar na praza Maior, onde se lerán os ferretes.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a presentación da exposición Asociación Pepe Barreiro | Descargar mp3

Noticias relacionadas