A Asociación Forestal de Galicia ensina no pulmón verde do LIFE de Lugo técnicas de poda para a produción de madeira de alto valor

O concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, sostivo que  o emprazamento non foi ó azar: “Alí estamos investigando o potencial da madeira como produto renovable e de elevada eficiencia enerxética para as transformacións industriais”

Sábado, 26 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Asociación Forestal de Galicia ensina no pulmón verde do LIFE de Lugo técnicas de poda para a produción de madeira de alto valor

A Asociación Forestal de Galicia impartiu hoxe prácticas de poda para a produción de  madeira de alta calidade nas parcelas de frondosas do novo pulmón verde de Lugo en As Gándaras, área impulsada polo Goberno de Lara Méndez co programa Lugo LIFE Biodinámico onde a Universidade está investigando o potencial de producción da madeira como produto renovable, reciclable, neutro en termos de carbono, de elevada eficiencia enerxética e de elevada calidade para distintas transformacións industriais.

Acompañou aos participantes o concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, quen sostivo que  “a escolla deste emprazamento non foi ó azar xa que esta parcela non só ten unha masa forestal de frondosas autóctonas de 4 hectáreas para a produción de madeira de calidade senón que nela se poden atopar máis especies demostrativas de cultivos para a construción das cidades sostibles do futuro usando a madeira como elemento estrutural”.

Ademais, o edil agradeceu que a AFG desenvolva as súas actividades de formación na zonas LIFE de Lugo polo “peso que ten no sector forestal”.

Tamén estiveron neste curso Esther Fernández Núñez, Doctora Enxeñeira de Montes da USC e Braulio Molina Martínez, Director Técnico da AFG madeira de alto valor, que foi o encargado de impartir o curso. Á xornada asistiron máis de 30 persoas á hora de inicio foi ás 10.00 horas e finalizou aproximadamente ás 13.30 horas.

Este novo pulmón verde de Lugo que está a coidar a Universidade como socia do Concello no LIFE, supón ademais un refuxio para a biodiversidade.

LIFE Lugo+ Biodinámico é un proxecto europeo do Goberno de Lara Méndez que ten como obxectivo deseñar en Lugo unha estratexia innovadora de planificación urbana para lograr tecidos urbanos resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do Cambio Climático.

A plantación de frondosas está ubicada no Arboretum, no que se reproduciron bosques autóctonos galegos ordenados cun criterio altitudinal que albergan 55 especies arbóreas e arbustivas: bosque de ribeira, rebollar, mediterráneo, de carballo común, carballo albar, hayedo, mixto e bidueiral. Ademais, inclúe unha zona de plantas aromáticas onde gozar da aromaterapia de diferentes especies e unha zona de matogueira como hábitat de pequenos mamíferos e aves.

Estas zonas tamén son demostrativas dun deseño máis innovador de espazos verdes que en lugar de enfocarse cara á xardinería convencional, proxéctase cara á creación de áreas verdes urbanas máis naturais e autosuficientes con especies propias e adaptadas, que posúen relevantes valores ambientais e contribúen á sensibilización social e a educación ambiental. Isto supón un menor custo ambiental, así como aforro na xestión e mantemento.

O proxecto Lugo LIFE Biodinámico está impulsado polo Concello de Lugo, que tamén o financia co apoio da Unión Europea e a Deputación, e que conta como socios o Campus Terra da Universidade e a Universidade Politécnica de Madrid.

Audio

  • O concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, sobre a madeira de alto valor | Descargar mp3

Noticias relacionadas