Arxentina, o país que máis turistas aportou a Lugo no mes de febreiro

En xeral, o ingreso de visitantes con destino Lugo en febreiro aumentou un 4% en relación co mesmo mes do 2018. Tanto a Oficina de Turismo como a rede museística municipal recibiron o pasado mes a visita de máis de 2.400 turistas

Os visitantes nacionais que se achegaron a Lugo proceden, maioritariamente, de Madrid, Castela e León, País Vasco, Andalucía, Asturias e Extremadura

Mércores, 06 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Arxentina foi o país que máis turistas foráneos aportou a Lugo no mes de febreiro. Así o anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen fixo balance sobre os visitantes que se achegaron a coñecer a cidade e o municipio no pasado mes. Dentro do turismo estranxeiro, destaca tamén a chegada de visitantes de Francia, Reino Unido e Estados Unidos; que entre os catro países supoñen o 51% das visitas foráneas.

En xeral, o ingreso de persoas visitantes con destino Lugo en febreiro aumentou un 4% en relación co mesmo mes do 2018. Concretamente, tanto a Oficina Municipal de Turismo como a rede museística municipal recibiron o pasado mes a visita de máis de 2.400 turistas.

Os visitantes nacionais que se achegaron a Lugo proceden, maioritariamente, de Madrid, Castela e León, País Vasco, Andalucía, Asturias e Extremadura. Así mesmo tamén se interesaron por coñecer o municipio lugués visitantes de Valencia, Castela A Mancha, Cantabria e das illas Baleares e Canarias, entre outros.

Carmen Basadre puxo en valor estas estatísticas, que amosan, mes tras mes, a confianza que tanto o turismo nacional como o internacional lle da a Lugo á hora de elixir un destino turístico único.

Noticias relacionadas