Arrincan as probas para as 12 prazas de bombeiro de Lugo, con 257 aspirantes

Con estas prazas, incluídas nas ofertas públicas de emprego que sacou adiante o Goberno cos sindicatos na Mesa Xeral de Negociación, os efectivos pasarán dos 38 actuais a 44, un número que subirá a 50, coa cobertura das 6 prazas restantes previstas nas OPES 

Luns, 04 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrincan as probas para as 12 prazas de bombeiro de Lugo, con 257 aspirantes

As pistas de atletismo municipais Gregorio Pérez Rivero, no complexo das Pedreiras, acollen dende esta mañá as probas para cubrir 12 prazas de bombeiro condutor de Lugo. A lista de aspirantes para este proceso, que está previsto que remate en dous meses, está formada por 257 persoas.

Con estas 12 prazas, incluídas nas ofertas públicas de emprego que sacou adiante o Goberno de Lugo cos sindicatos na Mesa Xeral de Negociación, os efectivos do parque de bombeiros pasarán dos 38 actuais a 44 (dado que seis das prazas que saen agora a oposición están xa cubertas por interinos), un número que subirá a 50, esto é un 25% con respecto á actual plantilla, coa cobertura das 6 prazas restantes previstas nas ofertas públicas de emprego. Estes 6 postos cubriranse de maneira interina cos suplentes que queden na lista resultante do proceso selectivo que está en marcha nada máis que este termine.

Este é un paso máis do Goberno no marco do seu obxectivo de reforzar e incrementar o persoal das distintas áreas municipais, e máis cando se trata dun servizo tan imprescindible como o de extinción de incendios de Lugo.

Audio

  • O edil Daniel Piñeiro sobre as probas de bombeiro | Descargar mp3

 

Noticias relacionadas