Arrinca o IX Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, que acolle o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

A Alcaldesa participou este venres na inauguración desta feira equina, a máis importante de Galicia e a sexta máis importante de España

Venres, 27 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrinca o IX Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, que acolle o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres na inauguración do IX Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, co que colabora o Concello. Este evento celébrase do 27 ao 29 de maio e do 3 ao 5 de xuño no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A recadación da venda de entradas deste evento irá destinada á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE).

Na visita a Equigal, a Alcaldesa convidou á cidadanía a asistir a este evento, do que destacou “o pulo económico directo e indirecto que supón para a cidade de Lugo, xa que estamos a falar da asistencia de máis de 8.000 visitantes, acadando un volume de negocio superior aos 300.000 euros”.

Nesta edición participarán un total de 53 ganderías e contará con máis de 200 animais, sendo esta a feira equina máis importante de Galicia e a sexta máis importante de España. Ademais, este ano ten como novidade a celebración do 1º Concurso Nacional de Saltos dos estrellas Ciudad de Lugo. A IX edición de Equigal tamén acollerá o I Salón do Cabalo en Familia, unha cita dedicada ao lecer, cultura e concienciación social.

Noticias relacionadas