Arrinca o III Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Produtos da Época Romana

Lara Méndez e Carmen Basadre visitaron este venres os postos, que permanecerán abertos ata o domingo, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas, na Praza Maior

Venres, 06 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrinca o  III Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Produtos da Época Romana

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este vernes os postos do III Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Produtos da Época Romana, enmarcado dentro da programación do Lvcvs Cvltvral organizado polo Concello. Tratáse dun encontro no que poñen á venda todo tipo de artigos relacionados coa cultura romana, tales como alimentación, vestimenta ou complementos.  O III Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Produtos da Época Romana permanecerá aberto ata o vindeiro domingo, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas na Praza Maior, onde mañá sábado tamén se celebrarán obradoiros a cargo do  Senatus e das Vestais de Lucus Augusti, en xornada de mañá, e de Caetra Lucensium e Trebas Galaicas en xornada de tarda. Do mesmo xeito, ás 21:00 horas, terá lugar un desfile das tropas da Guardia Pretoriana.

O domingo, a partir das 18:00 horas, este mesmo emplazamento acollerá a Mostra de Vestimenta da Época Romana, na que participarán os asistentes ao obradoiro de vestimenta romana que se está a levar a cabo na Casa da Xuventude. Neste evento, que será trasladado ao Mercado Municipal en caso de choiva, tamén participarán os alumnos do segundo curso de imaxe persoal do instituto Muralla Romana, encargados de peitear aos modelos.

Tamén enmarcado no programa do Lvcvs Cvltvral, o Mercado Municipal acollerá mañá de 17:00 a 20:00 horas un obradoiro de cociña, e a Praza de Augas Férreas, actividades romanas a cargo das asociaicóns Tig na N´og e Terra Copora a partir das 17:30 e ata as 20:00 horas.

Noticias relacionadas