Arrinca a 17 edición do Circuíto de carreiras populares Larsa Corre con nós coa Nocturna Monumental

Lara Méndez e Miguel Fernández deron o pistoletazo de saída as diferentes categorías desta proba na que participaron preto de 2.000 atletas de todas as idades

A próxima proba desta edición, que está formada por seis carreiras, discorrerá pola estrada do río Rato e terá lugar o 12 de febreiro

Sábado, 14 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrinca a 17 edición do Circuíto de carreiras populares Larsa Corre con nós coa Nocturna Monumental

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deron este sábado na praza Maior o pistoletazo de saída ás diferentes categorías da proba Nocturna Monumental, na que participaron preto de 2.000 atletas de todas as idades e coa que arrinca a 17 edición do Circuíto de carreiras populares Larsa Corre con nós.

 O calendario desta edición do Corre con nós está formado por 6 carreiras comprendidas entre xaneiro e xuño do 2017, sendo a próxima a que discorre pola estrada do río Rato e que terá lugar o 12 de febreiro.

Multimedia

  • Arrinca a 17 edición do Circuíto de carreiras populares Larsa Corre con nós coa Nocturna Monumental

Noticias relacionadas