Arrinca a terceira Feira do Nadal na praza Anxo Fernández Gómez

Xoves, 10 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Feira do Nadal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela, e o presidente da Federación Galega de Comercio,  José María Seijas, visitaron esta mañá a terceira edición da Feira de Nadal, que dende hoxe acolle a carpa instalada polo Concello na Praza Anxo Fernández Gómez. O certame, que reúne 22 establecementos de artesanía, comercio, gastronomía, servizos e moda, estará aberto de 11:00 a 22:00 horas de xeito continuado ata este sábado, e inclúe obradoiros de construción, robótica e contacontos para os máis pequenos. O Concello colabora coa iniciativa, organizada por Mulleres Empresarias.

Noticias relacionadas