Arranca no CEI Nodus un programa de apoio ao emprendemento xuvenil

Unha vintena de mozos e mozas participan na segunda edición do Programa de Formación e Acompañamento para a Mellora do Emprendemento Xuvenil de Galicia (PROEMGA), unha iniciativa impulsada pola Fundación Innova Galicia coa que colabora o Concello

Martes, 31 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arranca no CEI Nodus un programa de apoio ao emprendemento xuvenil

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, informou do inicio este martes nas instalacións do CEI Nodus da segunda edición do Programa de Formación e Acompañamento para a Mellora do Emprendemento Xuvenil de Galicia (PROEMGA), unha iniciativa impulsada pola Fundación Galicia Innova, financiada pola Fundación INCYDE e o Fondo Social Europeo, coa que colabora o Concello de Lugo.

Unha vintena de mozos e mozas desempregados menores de 30 anos participarán nos obradoiros formativos que ofrece o programa, encamiñado a mellorar as posibilidades de inserción laboral deste colectivo a través do emprendemento. Son os seguintes:

  • Obradoiro de motivación, que se desenvolve esta mañá, de 9:00 a 14:00 horas
  • Formación presencial grupal: 40 horas distribuídas en sete días no mes de novembro
  • Titorías individualizadas presenciais: 8 horas por alumno, entre os meses de novembro e febreiro
  • Xornada de méntoring presencial: 4 horas entre febreiro e marzo

Ana Prieto agradeceulle á Fundación Galicia Innova a organización destas actividades e mostrou a súa satisfacción “por acoller nestas dependencias municipais este proxecto, xa que o edificio foi rehabilitado para dedicalo as persoas desempregadas, ás que procuramos atender dedicando unha das mellores instalacións coas que conta o Concello, e que serven de referencia para moitas outras administracións”.

Deste xeito, a Concelleira subliñou que “o  CEI-Nodus está dedicado por completo ao emprendemento, e nel están aloxadas moitas empresas, cuxos emprendededores e emprendedoras son persoas mozas e dinámicas, que con esforzo se autoempregaron grazas aos proxectos que foron capaces de soñar e de sacar adiante”.

Por outra banda, Ana Prieto lembrou que neste edificio tamén se atopa o Espazo de Orientación Laboral do Concello Espazo>Lab.

Audio

  • Ana Prieto, sobre a formación para o emprendemento xuvenil | Descargar mp3

Noticias relacionadas