A arqueoloxía lucense ateiga o auditorio do Vello Cárcere coa primeira conferencia do ciclo Desenterrar o Pasado

Daniel Piñeiro asistiu á charla inaugural desta programación, organizada polo Concello para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Consta de 9 conferencias, de acceso libre, e celebrarase ata o mes de xuño

Xoves, 25 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A arqueoloxía lucense ateiga o auditorio do Vello Cárcere coa primeira conferencia do ciclo Desenterrar o Pasado

A arqueoloxía lucense ateigou este xoves o Salón de Actos do Vello Cárcere coa primeira conferencia do ciclo Desenterrar o Pasado. Felipe Arias Vilas inaugurou esta programación, organizada polo Concello para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, co obxectivo de pór en valor o rico patrimonio arqueolóxico da cidade e a súa importancia dende o punto de vista histórico.

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, asistiu á primeira charla desta iniciativa, que permitirá desenvolver un foro de análise e de diálogo entre os profesionais do sector (arqueólogos, xestores patrimoniais e guías) e a cidadanía en xeral no que se enxalce o traballo desenvolto no referente á recuperación do importante patrimonio arqueolóxico que atesoura a cidade.

A programación deste ciclo, no que participan expertos en arqueoloxía de primeiro nivel, entre eles o arqueólogo municipal Enrique González e a anterior xefa de servizo, recén xublilada, Covadonga Carreño; consta de 9 conferencias de acceso libre e gratuíto, ata o mes de xuño,  que terán lugar ás 20:00horas, no auditorio do Vello Cárcere. A seguinte charla terá lugar o 22 de febreiro, a cargo de Antonio Rodríguez Colmenero. Versará sobre o inicio das escavacións arqueolóxicas e os aparcadoiros soterrados.

Noticias relacionadas