A área de Xuventude convida á mocidade lucense a Graffitear o Nadal

Mércores, 11 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Xuventude convida á mocidade lucense a Graffitear o Nadal

A área de Xuventude convida á mocidade lucense a Graffitear o Nadal os próximos xoves e venres, 12 e 13 de decembro.

A propia Casa da Xuventude acollerá a realización desta actividade na que o obxectivo é construír, de forma conxunta, mediante pintura en spray, un árbol de Nadal e decoralo.

A cita, que é gratuíta e aberta ao público, terá lugar entre as 17:00 e as 18:30 horas e servirá de antesala ao resto da programación xuvenil preparada polo Concello para as vindeiras datas.

Ademais, segue aberto o prazo de inscrición para apuntarse ao roteiro de 14’5 km previsto para este sábado, polo Pico dos Tres Bispos e, xa a semana que vén, o luns e o mércores volverán a celebrarse dous obradoiros de cociña nos que aprender a preparar platos e recetas propios dos menús fetivos.

Multimedia

  • A área de Xuventude convida á mocidade lucense a Graffitear o Nadal

Noticias relacionadas