A área de Participación realizará unha homenaxe no Cemiterio Municipal polo día da nai

Cristina López: “trátase dunha das celebracións nas que o cemiterio viña recibindo máis visitas nos pasados anos”

O goberno municipal transmite o seu apoio a toda a veciñanza que sufriu perdas nesta crise sanitaria

Sábado, 02 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Participación realizará unha homenaxe no Cemiterio Municipal polo día da nai

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizará, polo día da nai, unha homenaxe floral no Cemiterio Municipal. Segundo indicou Cristina López, “o primeiro domingo do mes de maio era un dos días nos que o Cemiterio Municipal recibía máis visitas nos pasados anos”.

“Debido ás restricións do goberno do Estado, o Cemiterio Municipal ten que permanecer pechado ou con restricións de aforo”, afirmou Cristina López, que engadiu “malia non poder realizar a programación habitual deste día, desde a área de Participación realizaremos unha homenaxe a todas as  nais”.

Segundo afirmou Cristina López, “desde o goberno municipal queremos lanzar unha mensaxe de apoio a todas as persoas que, durante a crise do COVID-19 perderon  algún ser querido”. “O Cemiterio Municipal abrirá de novo as súas portas cando as autoridades sanitarias o permitan, e poderemos honrar, entre todos e todas, ás persoas que nos deixaron durante esta crise”, afirmou a edil de Participación.

Noticias relacionadas