A área de participación limita as visitas ao cemiterio debido á situación sanitaria

Para cumprir coas medidas sanitarias impostas pola Xunta de Galiza, só se poderán realizar visitas en horario de tarde

Domingo, 30 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de participación limita as visitas ao cemiterio debido á situación sanitaria

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou que, en cumprimento coas últimas indicacións sanitarias da Xunta de Galiza, o Cemiterio Municipal limitará o seu horario de visitas. Segundo Cristina López, “para cumprir co límite de 25 persoas indicado pola Xunta, limitamos o horario de visita ao cemiterio ás tardes, reservando as mañás para os enterros”.

Segundo a edil de Participación, “para as visitas non será preciso solicitar cita, mais controlarase a cabida do recinto para que non se produzan masificacións”. Ademais, Cristina López lembrou que “para poder acceder ao recinto será obrigatoria a utilización de máscara e a limpeza de mans co xel hidroalcohólico, ademais do cumprimento da distancia interpersoal de seguridade”.

Noticias relacionadas