A Área de Participación e a propia concelleira Cristina López agradecen "o civismo demostrado polas vendedoras do mercado tradicional"

A edil agradeceu tamén a implicación do persoal de mercados no bon funcionamento do mercado que se trasladou á praza da Soidade

O mercado tradicional manterase nesta praza mentres se executan as obras da parte baixa da praza de Abastos, onde se viña celebrando todos os martes e venres

Venres, 26 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Área de Participación e a propia concelleira Cristina López agradecen "o civismo demostrado polas vendedoras do mercado tradicional"

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, quixo agradecer publicamente o civismos amosados por vendedores e vendedoras do mercado tradicional que se trasladou á praza da Soidade. López afirmou "puidemos comprobar, despois do mercado, o magnifico estado de limpeza no que quedaron as instalacións provisionais e todo o espazo onde se celebra o mercado". A concelleira encargada deste servizo sinalou  "efectivamente pedímos, previamente, a colaboración de vendedoras e vendedores para manter limpo o entorno e demostraron estar á altura".

A concelleira amosou a súa satisfacción e dixo que "tanto en Frigsa como no entorno do mercado tradicional o grao de limpeza é, neste momento, óptimo e traballamos para que siga sendo así". A área de participación, dependente da Tenencía de Alcaldía está a desenvolver un traballo continuado de contacto coas persoas vendedoras para mellorar as condicións de venta e a calidade deste mercado que "debe ser modelico nesta cidade".

Multimedia

  • A Área de Participación e a propia concelleira Cristina López agradecen "o civismo demostrado polas vendedoras do mercado tradicional"

Noticias relacionadas