A área de Participación acondiciona a última parcela sen urbanizar da zona antiga do Cemiterio Municipal

Cristina López: “na Xunta de Goberno desta semana aprobamos iniciar o procedemento de contratación”

Construiranse un total de 35 novas unidades de enterramento na zona antiga do cemiterio

Domingo, 01 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Participación acondiciona a última parcela sen urbanizar da zona antiga do Cemiterio Municipal

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou o proxecto de ampliación parcial da zona antiga do Cemiterio Municipal de San Froilán, que se executará na única parcela que está aínda pendente de urbanizar. Cristina López declarou que “na Xunta de Goberno desta semana aprobouse iniciar o procedemento de contratación desta actuación, que permitirá tanto continuar a mellorar a imaxe do cemiterio como aumentar a cabida do mesmo”.

A ampliación sairá a contratación por un orzamento base de 108.261,81€, e un prazo de execución de 3 meses. A solución adoptada consiste na instalación de 35 novas unidade de sepultura castelá, que, segundo Cristina López, “manterán a imaxe actual da zona antiga do cemiterio”. López explicou que “con esta actuación traballarase nunha parte da parcela, deixando o resto para unha próxima fase”.

O actual Cemiterio Municipal de San Froilán substituíu hai 72 anos ás antigas instalacións de Magoi. Cristina López destacou “a versatilidade do deseño de Eloi Maquieira para realizar actividades como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo”.

Multimedia

  • A área de Participación acondiciona a última parcela sen urbanizar da zona antiga do Cemiterio Municipal
  • A área de Participación acondiciona a última parcela sen urbanizar da zona antiga do Cemiterio Municipal

Noticias relacionadas