A área de participación acondiciona os módulos de nichos do Cemiterio Municipal

Cristina López visitou o cemiterio, onde dous dos módulos xa foron renovados

“Nas vindeiras semanas realizaranse os 5 módulos que quedaron pendentes”, indicou Cristina López

Sábado, 11 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de participación acondiciona os módulos de nichos do Cemiterio Municipal

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López visitou o Cemiterio Municipal, onde nos últimos días se acondicionaron dous dos módulos de nichos. “Trátase dunha renovación  necesaria debido ao estado de conservación no que se atopan os módulos”, indicou Cristina López, que engadiu “seguimos traballando para que nas vindeiras semanas se continúen a renovar os 5 módulos que quedan pendentes”.

A área de Participación investiu 14.670,04€  na reparación de fendas, limpeza e alisado dos tellados dos nichos, ademais de impermeabilizado mediante a  colocación de placas asfálticas. Xunto con isto, tamén se incluíu a limpeza, reparación e pintado dos laterais, e o lavado dos frontais.

Con esta actuación, dende a área de Participación preténdese garantir as mellores condicións para un espazo público referencial como é o Cemiterio Municipal.

Multimedia

  • A área de participación acondiciona os módulos de nichos do Cemiterio Municipal

Noticias relacionadas