A área de Muller adía o faladoiro feminista de Marta Busquets previsto para esta venres no Vello Cárcere

Xoves, 12 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Muller vén de anunciar que o Faladoiro Feminista no que ía intervir a xurista especializada en dereito de xénero, Marta Busquets, acaba de ser adiado como medida de prevención para frear a posible propagación do coronavirus.

O evento, previsto para este venres, 13 de marzo, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere cancélase sen, de momento, ter determinada unha nova data para a súa realización que será comunicada á maior brevidade posible.

Dende o Concello insístese en que se trata dunha medida de cautela, tendo en conta as recomendacións sanitarias que inciden na importancia de non celebrar acontecementos nos que se prevean aglomeracións de público e insístese en que, ata o de agora, non hai decretada, ao respecto, ningunha alarma no municipio.

Noticias relacionadas