A área de Mobilidade renovará o firme do Camiño Primitivo ao seu paso por Castelo

A Xunta de Goberno aprobou hoxe iniciar o procedemento de contratación da intervención

Rubén Arroxo: “trátase dunha reclamación da veciñanza á que damos resposta tamén para mellorar a imaxe da entrada a Lugo polo Camiño Primitivo”

Mércores, 23 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade renovará o firme do Camiño Primitivo ao seu paso por Castelo

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que a Xunta de Goberno celebrada hoxe aprobou iniciar a contratación da renovación do pavimento do treito do Camiño Primitivo que percorre por Castelo. Segundo Rubén Arroxo, “dentro do plan de amaño de viais que levamos a cabo desde a área de Mobilidade, incluímos este tramo do camiño primitivo, ao ser unha solicitude da veciñanza moi realizada nos últimos tempos polo estado de deterioro da vía”.

O Tenente de Alcalde afirmou que “trátase tamén dunha actuación que mellorará a imaxe da cidade, ao tratarse do treito de entrada a Lugo polo Camiño Primitivo”. A área de Mobilidade consignou un total de 90.616€ para abrir o procedemento de licitación deste traballo, cuxa execución se estenderá un total de 8 semanas.

“Esta actuación súmase ás realizadas nos últimos meses en toda a contorna para mellorar a estética da zona e o acceso da veciñanza ás súas casas”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “desde que chegamos ao goberno, unha das principais liñas de traballo está a ser atender as solicitudes da veciñanza”.

Audio

  • O edil de Mobilidade, Rubén Arroxo, sobre o asfaltado en Castelo | Descargar mp3

Multimedia

  • A área de Mobilidade renovará o firme do Camiño Primitivo ao seu paso por Castelo

Noticias relacionadas