A área de Mobilidade pon a disposición da veciñanza unha liña especial de bus durante o Nadal

Circulará durante os días laborables conectando o norte e o sur da cidade

Con esta medida, dende a área de Mobilidade pretende animar á veciñanza a usar o transporte público

Mércores, 18 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que dende mañá xoves unha liña especial de Nadal comezará a circular entre Garabolos e Fontiñas, “para apoiar o comercio local e fomentar o transporte público”.

Rubén Arroxo indicou que estas liñas circularán durante todos os días laborables do Nadal entre as 16:20 e as 20:35, saíndo dende Garabolos cara a avenida da Coruña. Continuará pola ronda da Muralla e Ramón Ferreiro, e baixará cara a avenida de Madrid. Continuará pola ronda Xosé Castiñeiras, parando no Conservatorio cara a Fontiñas. Seguirá pola praza Conde Fontao e subirá pola rúa Castelao cara a ronda da Muralla, onde volverá conectar coa avenida da Coruña ata Garabolos.

Con esta liña especial, a veciñanza da avenida da Coruña terá conexión co centro en bus urbano cada 10 minutos, mentres que a zona de Fontiñas terá transporte público cada 20. Rubén Arroxo animou á veciñanza a “utilizar o transporte público para achegarse ao pequeno comercio”.

Audio

  • O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre o reforzo na liña de autobuses no Nadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas