A área de Mobilidade executa un plan de aranxos da vía pública de toda a cidade

Rubén Arroxo agradeceu “a colaboración da veciñanza para realizar este plan con arranxos en todos os puntos de Lugo”

Nesta primeira fase realizaranse un total de 31 actuacións

Mércores, 22 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade executa un plan de aranxos da vía pública de toda a cidade

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou do inicio da primeira fase do plan de arranxos de vía pública que a área de Mobilidade realizará periodicamente para garantir o mantemento da vía pública nos  distintos puntos da cidade. Segundo Rubén Arroxo, “nesta primeira fase realizaremos un total de 31 arranxos, distribuídos por toda a cidade”.

“Agradecemos a colaboración da veciñanza para realizar este plan”, afirmou Rubén Arroxo, que explicou que “estas intervencións planificáronse coa información de primeira man que as veciñas e veciños de Lugo enviaron ao goberno municipal nos últimos meses”. O tenente de Alcalde animou á veciñanza “a informar das incidencias na vía pública, que, xunto coas visitas que realizamos aos barrios, utilizamos para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza”.

Actuacións no barrio das Gándaras

O Tenente de Alcalde informou que nos pasados días se realizaron unha serie de actuacións no barrio das Gándaras. Segundo Rubén Arroxo, “adaptamos distintas zonas para o aparcamento de vehículos e para a mellora da seguridade peonil”.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre o plan de arranxos| Descargar mp3

Multimedia

  • A área de Mobilidade executa un plan de aranxos da vía pública de toda a cidade

Noticias relacionadas