A área de mobilidade adapta as liñas de bus urbano á orde emitida polo ministerio de Transportes

A partir deste xoves haberá unha redución, baseándose na orde ministerial, coa que se suprimen as liñas 1A, 3, 5, 7, 10 e 12

Martes, 31 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Mobilidade, seguindo a orde TMA/306/2020 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, adaptará as frecuencias do servizo de transporte urbano do concello de Lugo. Segundo esta orde, o transporte urbano debe reducirse en servizos e frecuencias até alcanzar prestacións similares á fin de semana, mantendo o acceso das traballadoras e traballadores aos seus postos de traballo e aos servizos esenciais a toda a veciñanza.

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo fixo as xestións oportunas coa empresa concesionaria do servizo de transporte urbano para traballar nesta adaptación. O servizo de bus urbano durante a semana suprimirá as liñas 1A, 3, 5, 7, 10 e 12, e a maiores a liña 14 se achegará ata a Campiña cando regresa do HULA, de cara a cubrir esa zona. "Con esta modificación conseguimos manter a cobertura de todos os barrios, continuar co mesmo servizo no HULA e no Ceao e cumprir coa orde ministerial de reducir as liñas" afirmou Rubén Arroxo.

O responsable de mobilidade lembrou tamén que Lugo foi unha das primeiras cidades en tomar medidas de seguridade no transporte público, xa que días antes de declararse o estado de alerta xa se marcaran pautas para mellorar a seguridade no transporte público, e no propio día suprimiuse a entrada pola porta dianteira e inutilizáronse unha de cada dúas filas para incrementar as distancias.

Tamén se informou de que se manterán as liñas da zona rural. Nas fins de semana e festivos os horarios mantéñense tal e como agora.

CAMBIO NAS LIÑAS DE BUS URBANOS DE LUGO DENDE O DÍA 02/04/2020 INCLUSIVE

Liñas que se realizarán de luns a venres e sábados pola mañá

  • LIÑA 1.- CAMPUS UNIVERSITARIO-A PIRINGALLA
  • LIÑA 2.- CEMITERIO-ALBEIROS
  • LIÑA 3A.- ACEA DE OLGA-RAMIL
  • LIÑA 4.- A TOLDA-CONTURIZ-ABELLA (CASÁS)
  • LIÑA 6.- MONTIRON (RESIDENCIA)-A CHEDA
  • LIÑA 7A.- AS GÁNDARAS-CEMITERIO
  • LIÑA 8.- GARABOLOS–CARQUEIXO (HULA)
  • LIÑA 9.- O CEAO-PRAZA DO REI
  • LIÑA 9A.- O CEAO-PRAZA DO REI (SAN ROQUE)
  • LIÑA 11.- BOVEDA-PIAS-CALDE-NADELA (Non se realiza os sábados pola mañá, tal e como ata o de agora)
  • LIÑA 14.- RONDA MURALLA (SINDICATOS)-FERVEDOIRA-HULA, cando vén do Hula cara o centro dará servizo á zona do Polígono Campiña
  • LIÑA 14 A.- RONDA MURALLA (SINDICATOS)-GANDARAS-HULA
  • LIÑA 14B ( ESP. HULA ) Entrada Hula 07:10 / 14:15 / 21:15 || Saída Hula 08:20 / 15:20 / 22:20 (Esta liña só sería de servizo de entrada e saída ó HULA)

LIÑAS SUPRIMIDAS (Sábados tarde – Domingos e Festivos manterase o mesmo servizo que na actualidade)

  • LIÑA 1A.- ACEA DE OLGA-A PIRINGALLA
  • LIÑA 3.- FINGOI-RAMIL
  • LIÑA 5.- CAMPIÑA-ABELLA (CASÁS)
  • LIÑA 7.- CAMPUS-AS GÁNDARAS
  • LIÑA 10.- CAMPUS-FRIGSA (SAN RAFAEL)
  • LIÑA 12.- ESPECIAL CAMPUS UNIVERSITARIO

Audio

  • O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, sobre as liñas de bus urbano | Descargar mp3

Noticias relacionadas