A área de Medio Ambiente lembra que existe un servizo municipal gratuíto para tarefas de limpeza de pintadas

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, realiza un chamamento ao civismo e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos ".

Martes, 26 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, que dirixe o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, lembra, a raíz das pintadas que apareceron en varios edificios da cidade, que a cidadanía poder pedir a limpeza das mesmas a través dun servizo gratuíto dependente desta concellaría.

Para solicitar o servizo é necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas, debendo achegar a solicitude debidamente cumprimentada e a documentación acreditativa da propiedade ou representación da comunidade de propietarias e propietarios do edificio.

Fernández pediu civismo ante estes feitos, e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos, polo que é moi importante chamar á responsabilidade e que sexamos conscientes de que Lugo é a nosa cidade e que todos debemos contribuír a coidar dela e non a estragala".

Noticias relacionadas