A área de Medio Ambiente desprazará este venres a Fingoi o dispositivo integral de limpeza dos barrios

A iniciativa, posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez, ten como finalidade centralizar as tarefas de conservación dos espazos públicos nunha mesma contorna para incrementar a súa eficacia.

Os traballos continuarán en posteriores xornadas polo barrio da Milagrosa.

Mércores, 20 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente desprazará este venres a Fingoi o dispositivo integral de limpeza dos barrios

Este venres o dispositivo integral de limpeza habilitado pola área de Medio Ambiente se desprazará a Fingoi, logo de culminar na zona de Augas Férreas.

Así, nas vindeiras xornadas os efectivos das empresas encargadas do aseo urbano, o mantemento das zonas verdes e a revisión dos parques infantís  apoiados polas brigadas municipais unificarán os seus esforzos nesta contorna para mellorar o seu acondicionamento, sen descoidar o labor ordinario que levan a cabo diariamente.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de área, Miguel Fernández, lembrou que “este operativo encargase, simultánea e coordinadamente, da roza de vías e predios municipais, da limpeza dos sumidoiros e dos colectores así como dos bancos e resto do mobiliario urbano con máquinas a presión que tamén se empregarán na eliminación de graffiti, do baldeo das rúas e perfilado do céspede. Así mesmo, desherbaranse os camiños interiores das zonas verdes e colocarase planta con flor, alén de limpar e amañar os alcorques das árbores e de podar sebes e arbustos”, afirmou.

O edil de Medio Ambiente incidiu tamén en que o obxectivo desta iniciativa posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez “é centralizar nun mesmo emprazamento as tarefas de conservación de todos os espazos públicos dunha mesma zona, para incrementar a súa eficacia e mellorar a imaxe destas localizacións e a calidade de vida da veciñanza que reside nelas”.

Despois de que os labores finalicen neste punto da capital, o dispositivo continuará no barrio da Milagrosa.

 

Multimedia

  • A área de Medio Ambiente desprazará este venres a Fingoi o dispositivo integral de limpeza dos barrios
  • [node:tA área de Medio Ambiente desprazará este venres a Fingoi o dispositivo integral de limpeza dos barrios

Noticias relacionadas