A área de Medio Ambiente condena un novo caso de maltrato animal contra as colonias felinas da cidade

Venres, 29 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente condena un novo caso de maltrato animal contra as colonias felinas da cidade

O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, condena o novo caso de maltrato animal detectado estes días polo colectivo Michos de Lugo, no que o concelleiro solicita tamén a colaboración cidadá para denunciar calquera tipo de situación similar que se produza, primeiro para garantir a recuperación e a asistencia sanitaria dos animais e, logo, para propiciar que se inicien as dilixencias policiais e/ou xudiciais oportunas contra as persoas agresoras.

Ao mesmo tempo, Álvaro Santos anuncia que Medio Ambiente xa está traballando na regulación das colonias felinas da cidade, en colaboración coas asociacións deste eido e sinala que, entre as próximas actuacións, se atopa a creación dun rexistro das persoas que alimentan aos animais na rúa así como a implantación dunha metodoloxía baseada na captura, esterilización e solta dos mesmos.

Audio

  • O edil Álvaro Santos, sobre a condena do maltrato animal | Descargar mp3

Noticias relacionadas