A área de Deportes realiza melloras nas instalacións das piscinas exteriores de Frigsa, que contarán con nova zona de enfermería

Abrirán as súas portas este luns día 1 de xullo, de 12.00 h. a 20.00 h. Ademais do pintado, realizáronse melloras no sistema de depuración. Parte das obras desenvolvéronse co traballo de tres persoas do programa de prevención de exclusión social.

Venres, 28 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Deportes realiza melloras nas instalacións das piscinas exteriores de Frigsa, que contarán con nova zona de enfermería

A área de Deportes do Concello de Lugo abre as portas das piscinas exteriores de Frigsa este luns, día 1 de xullo, despois desenvolver numerosas actuacións de mellora nas súas instalacións.

Ademais das labores de limpeza xeral das dependencias, incluídos os almacéns e os tragaluces, os operarios procederon á reparación e encintado de laxas da praia perimetral dos tres vasos e ao pintado das varandas de exteriores.

Tamén se procedeu ao pintado das portas en xeral e de paramentos verticais, así como á posta ao día dunha nova dependencia como enfermaría e zona de SOS, execucións estas últimas desenvolvidas, ademais, co traballo de tres persoas a través de programas de inserción social.

Outras execucións foron a instalación dun novo depósito de gran capacidade de cloro e a mellora do sistema de depuración co apontoamento de diferentes elementos e a substitución de tubaxes e pezas defectuosas. Así mesmo, procedeuse á automatización da dosificación de produtos químicos no tres vasos coa instalación de dous vixiantes dixitais e un automático de pastillas.

O horario das piscinas será de 12.00 ás 20.00 horas, e este ano contarán con 5 socorristas.

O concelleiro socialista que se fará cargo de novo da área de Deportes, Miguel Fernández, sostivo que estas actuacións entran na dinámica de  mantemento e melloras que se fan cada ano nas piscinas, “aínda que este verano se reforzan para conseguir unhas instalacións máis do agrado de todos os usuarios”.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre as piscinas de Frigsa | Descargar mp3

Noticias relacionadas