A área de Deportes oferta máis de 1.500 prazas para os cursos de natación nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras

O executivo de Lara Méndez duplica neste trimestre as quendas e a oferta para as persoas maiores de máis de 65 anos xa que é un dos colectivos que máis o demanda.

O edil Mauricio Repetto lembra que se manteñen os prezos e que as incricións poden realizarse ata o 4 de marzo nas infraestruturas onde desexen practicar natación

Luns, 28 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Deportes oferta máis de 1.500 prazas para os cursos de natación nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras

A área de Deportes, dirixida polo concelleiro Mauricio Repetto, oferta máis de 1.500 prazas para veciñanza de todas as idades nos cursos de natación que se impartirán nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras dende abril ata xuño.

Este ano, o edil avanzou que o obxectivo do executivo de Lara Méndez é  “duplicar neste trimestre as quendas e a oferta para os nosos maiores de máis de 65 anos tras a demanda no primeiro trimestre do ano”.

Repetto lembrou que o prazo de inscrición para todos os colectivos estará aberto ata o vindeiro venres, 4 de marzo, en ambas as dúas piscinas.

Unha vez pechada a inscrición, publicarase a lista de admitidos o día 14.

Posteriormente ábrese o prazo de matriculación:

- Do 14 ao 18 de marzo: rapaces e rapazas nados entre o 2007 e o 2018 e adultos nados antes do 2006.

- Do 14 ao 16 de marzo: maiores de 65 anos.

Os días 21,22 e 23 de marzo será o período de matriculación para os lucenses que quedaran en lista de espera en Frigsa e As Pedreiras, e o 22 e o 23, será a matrícula para cubrir as prazas libres.

Todos os trámites de matriculación deberán facerse nas dependencias administrativas da piscina de Frigsa.

Do mesmo xeito, o edil avanzou que os prezos non varían con respecto ao pasado ano, sendo o prezo de dous días semanais para adultos de 22,90 euros.

Os máis cativos terán que abonar 18,40 euros para os cursos de dous días semanais.

Como sempre, os interesados teñen toda a información necesaria na páxina do Concello www.concellodelugo.gal.

Audio

  • Mauricio Repetto, sobre os cursos de natación | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas