A área de Cultura restaura as citas literarias da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre

Maite Ferreiro: “é unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade”

A área de Cultura rehabilita a homenaxe realizada polo Concello no marco do Día das Letras Galegas

Sábado, 16 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura restaura as citas literarias da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua realizou nos últimos días a restauración das citas literarias situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre. Segundo declarou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, “trátase dunha intervención iniciada coa restauración das estatuas dos distintos escritores e escritoras”. Segundo Maite Ferreiro, “con esta actuación rehabilitamos a homenaxe que o Concello de Lugo realizou a estes persoeiros tan importantes da nosa cultura, no marco dunha data tan destacable como o Día das Letras Galegas”.

Segundo a edil de Cultura, “o correcto mantemento destes elementos ornamentais de contido cultural e identitario, forma parte da imaxe da cidade por estar situadas na zona máis concorrida e visitada de Lugo”. Segundo Maite Ferreiro “é unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade e que pon en valor ás persoas que representan a nosa cultura e á nosa identidade como pobo”.

As 9 placas colocadas sobre 7 soporte de granito están situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre están adicadas a: Manuel María, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Rosalía de Castro, Ramón María de Valle-Inclán, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Uxio Novoneyra, Álvaro Cunqueiro e Manuel Curros Enrriquez.

Multimedia

  • A área de Cultura restaura as citas literarias da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre
  • A área de Cultura restaura as citas literarias da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre

Noticias relacionadas