A área de Cultura do concello de Lugo publica o vídeo da iniciativa fotográfica #NACASAEDESDEACASA

“Con esta iniciativa buscamos que a veciñanza de Lugo siga nas súas casas e que obteñan fotos curiosas desta atípica situación”, indicou Maite Ferreiro

34 veciñas e veciños de Lugo presentaron un total de 170 fotos

Xoves, 09 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura do concello de Lugo publica o vídeo da iniciativa fotográfica #NACASAEDESDEACASA

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua publicou o vídeo resultante da iniciativa fotográfica #NACASAEDESDEACASA. As 34 veciñas e veciños participantes enviaron un total de 170 fotos “para colaborar con esta iniciativa de ocio que dende a área de Cultura puxemos en marcha nos primeiros días desta crise sanitaria”, indicou Maite Ferreiro.

#NACASAEDESDEACASA estivo dividido en dúas modalidades: NACASA que mostra como están a pasar o encerro as veciñas e veciños de Lugo e DESDEACASA na que se retrata a cidade dende as fiestras e balcóns. “O obxectivo desta proposta foi obter fotos curiosas desta atípica situación que nos tocou vivir”, afirmou Maite Ferreiro.

Dende a área de Cultura publicaranse dous vídeos, cunha duración total de 8 minutos, relativos a cada unha das modalidades da iniciativa. Segundo Maite Ferreiro, “continuamos a traballar en dar opcións de ocio para pasar o tempo mentres dure o confinamento e en reactivar a programación cultural unha vez as autoridades sanitarias o permitan”.

Máis info

Noticias relacionadas