A área de Cultura convoca a XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”

Poderán presentarse obras de entre 50 e 100 folios até o 31 de decembro

A obra gañadora será publicada por Xerais

Xoves, 07 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura convoca a XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou no día de hoxe a convocatoria do XXI Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”. Nesta edición, o premio volverá ser de 4.000€, ademais de que a obra gañadora será publicada por Edicións Xerais de Galiza. “Unha cita importante tanto para as nosas escritoras como para a lingua galega”, segundo indicou Maite Ferreiro.

Poderán presentarse todas as persoas que o desexen, sempre que a obra esté escrita en galego. As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 100, é dicir, entre 90.000 e 180.000 caracteres con espazos. Cada autora poderá presentar todos os relatos que desexe, en envíos separados.

As obras poderán enviarse ou entregarse presencialmente nas oficinas da área de Cultura até o 31 de decembro. Durante o primeiro trimestre do 2020 coñecerase a obra gañadora. As bases poderán consultarse en lugo.gal e no 010.

Máis info

  • Bases da XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole” | Descargar pdf

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole” | Descargar mp3

Noticias relacionadas