A área de Cultura convoca o concurso para escoller o cartaz do o San Froilán e do San Froilán Miúdo 2021

Maite Ferreiro animou ás artistas lucenses "a demostrar a súa gran calidade e ser a imaxe do evento cultural máis grande de Lugo"

Un xurado especializado escollerá o cartaz das festas e entregará un premio de 2.000 euros á deseñadora escollida

Domingo, 09 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura convoca o concurso para escoller o cartaz do o San Froilán e do San Froilán Miúdo 2021

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, deu a coñecer as bases do concurso de deseño gráfico co que se escollerá cartaz para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2021. Maite Ferreiro explicou que "as persoas participantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre que sexan orixinais".

As persoas que desexen participar poden presentar os seus traballos ata o 31 de maio nas oficinas da área de Cultura , na Praza Maior, ou por correo, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50x70 centímetros e con 72ppp de resolución, en soporte cd ou lapis de memoria. Ademais, poderanse enviar tamén por enderezo electrónico a cultura@lugo.gal, indicando no asunto Cartel San Froilán 2021.

Os traballos serán presentados de forma anónima, con lema, acompañando un sobre co mesmo lema no exterior, e dentro os datos persoais do participante. Se presentan o cartel dixitalmente, estes datos deberán presentarse nun documento aparte.Un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que represente esta festa, que será premiada cun importe de 2.000 euros. Maite Ferreiro animou ás deseñadoras e deseñadores lucenses "a demostrar a gran calidade dos seus traballos e ser a imaxe do evento cultural máis grande de Lugo".

Máis info

Noticias relacionadas