A Área de Cultura colabora coa gala benéfica a favor de Somos Unidos Contra o Cancro, organizada por Achádego Teatro

A gala terá lugar o 1 de decembro, coincidindo co 31 aniversario de Achádego, no auditorio Gustavo Freire

O prezo das entradas será de 5€, e toda a recadación será para Somos Unidos Contra o Cancro

Domingo, 24 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Área de Cultura colabora coa gala benéfica a favor de Somos Unidos Contra o Cancro, organizada por Achádego Teatro

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, presentou no día de hoxe a gala benéfica anual de Achádego Teatro, que terá lugar o día 1 de decembro ás 19 horas no auditorio Gustavo Freire. Nesta ocasión, a favor de Somos Unidos Contra o Cancro. Maite Ferreiro agradeceu a Achádego Teatro “a importante labor que realizaron nestes xa 31 anos pola lingua e pola cultura galegas, achegando o teatro ás veciñas e veciños”.

Achádego representará “O mundo está mal e nós... peor”, unha obra de autoría propia na que a través do humor farán unha reflexión sobre o mundo actual, o voluntariado, a chamada “vellez antiga” e as novas dinámicas empresariais.

As entradas teñen un prezo de 5€ e poderán mercarse na Oficina de Turismo, na billeteira do auditorio ou contactando con Achádego Teatro ou con Somos Unidos Contra o Cancro. Maite Ferreiro animou a toda  a veciñanza a asistir a esta representación “e colaborar así coa loita contra o cancro”.

Multimedia

  • A Área de Cultura colabora coa gala benéfica a favor de Somos Unidos Contra o Cancro, organizada por Achádego Teatro

Noticias relacionadas