A área de Benestar saca a licitación a reserva de prazas en campamentos de verán para nenos e nenas con discapacidade

O prazo de presentación de ofertas finaliza o 1 de agosto.

Xoves, 18 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Plataforma de Contratación do Sector Público publicou o anuncio de licitación do servizo de reserva de prazas en campamentos de verán destinados a nenos e nenas con discapacidade e derivados dende a concellaría de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo.

O prazo de presentación de ofertas finaliza o 1 de agosto.

O obxectivo do Concello de Lugo e facilitar a participación dos pequenos con diversidade funcional en campamentos de verán durante o mes de agosto e a primeira semana do mes de setembro co fin de facilitar a integración nos mesmos e que poidan mellorar a súa calidade de vida. Ao mesmo tempo, búscase axudar ás familias na conciliación.

https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=r3Vgxf7uvnQSugstABGr5A%3D%3D

Noticias relacionadas