Aprobado o convenio coa EOI grazas ao que máis de 260 lucenses recibirán apoio gratuíto para crear unha empresa

O programa Inicia Coworking, que se desenvolverá a través do CEI Nodus, arrancará en abril co proceso de selección de proxectos, lembrou o voceiro do Goberno

A Xunta de Goberno aprobou o nomeamento dos representantes locais na Mesa de Estudo do Plano Guía da Cidade, que ten como fin acordar os nomes das rúas, así como nos Consellos Escolares dos centros educativos do municipio

Mércores, 03 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
XGL

A Xunta de Goberno Local deste mércores aprobou, tal e como xa avanzara a Alcaldesa, Lara Méndez, o pasado venres, o convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) grazas ao cal se ofrecerá apoio integral, individualizado e personalizado de xeito gratuíto a máis de 260 lucenses para pór en marcha con éxito á súa empresa, asegurando a súa viabilidade tanto técnica como financeira. Trátase do plan Inicia Coworking, que se desenvolverá a través do CEI Nodus.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, lembrou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que, unha vez aprobado o convenio, procederase a súa sinatura coa EOI co fin de que esta entidade poida facer os trámites oportunos co fin de comezar o programa, que o Concello estima que poderá arrancar no mes de abril co proceso de selección de proxectos.

Na sesión deste mércores aprobouse o gasto de 80.000 euros para o exercicio do 2016 no marco deste convenio, cuxo orzamento total é de 800.000 euros, dos cales a Escola de Organización Industrial achega o 80%, é dicir, 640.000 euros –que á súa vez proceden do Fondo Social Europeo- e o Concello, o 20% restante (160.000 euros de fondos propios).

Mesa de Estudo do Plano Guía da Cidade

Na sesión deste mércores, a Xunta de Goberno aprobou o nomeamento dos representantes locais na Mesa de Estudo do Plano Guía da Cidade, unha mesa que ten como finalidade acordar, de xeito consensuado e plural, os nomes das rúas de Lugo. Deste xeito, formarán parte desta mesa os concelleiros Miguel Fernández, Antonio Ameijide, Santiago Fernández Rocha, Tareixa Antía Ferreiro, Olga Louzao e Carlos Portomeñe.

Consellos Escolares

A Xunta de Goberno tamén acordou nomear os representantes do Concello nos consellos escolares dos centros educativos do municipio.

A composición é a seguinte:

  • CEIP Alberios

Representante: María del Carmen Penelas
Suplentes: resto de concelleiros por orde de candidatura

  • CEIP Anexa

Representante: Carlos Portomeñe

  • CEIP A Ponte

Representante: Daniel Piñeiro

  • CEIP Virxe da Soidade (As Gándaras)

Representante: Santiago Fernández Rocha
Suplente: Cristina Pérez Herraiz

  • CEIP As Mercedes

Representante: Santiago Fernández Rocha
Suplente: Cristina Pérez Herraiz

  • CEIP Casás

Representante: Manuel Núñez
Suplente: Daniel Piñeiro

  • CEIP Illa Verde

Representante: Jesús Expósito

  • CEIP Luis Pimentel – A Piringalla

Representante: María del Carmen Penelas
Suplentes: resto de concelleiros por orde de candidatura

  • CEIP Menéndez Pelayo

Representante: Ana González Abelleira
Suplente: Daniel Piñeiro

  • CEIP Manuel Mallo (Nadela)

Representante: María del Carmen Penelas
Suplentes: resto de concelleiros por orde de candidatura

  • CEIP Paradai

Representante: María del Carmen Penelas
Suplente: resto de concelleiros por orde de candidatura

  • CEIP Rosalía de Castro

Representante: Rosana Rielo
Suplente: Daniel Piñeiro

  • EEI Fingoi 2

Representante: Jesús Expósito

  • CEIP Quiroga Ballesteros

Representante: Olga Louzao

  • CEIP Sagrado Corazón

Representante: María del Carmen Penelas
Suplente: resto de concelleiros por orde de candidatura

No IES Ánxel Fole, Muralla Romana, As Mercedes, no Centro de Adultos, no instituto Poeta Manuel Leiras Pulpeiro, Lucus Augusti, Politécnico de Lugo, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Xoán Montes, Sanxillao; así como no colexio Cervantes, Divino Maestro, Maristas, Divina Pastora, Milagrosa, María Auxiliadora, Padres Franciscanos, San José e na Escola de Arte Superior e Deseño Ramón Falcón, na Escola Oficial de Idiomas, no Conservatorio Profesional de Música e de Danza e no Centro de Educación Especial Santa María, o representante será Manuel Núñez, con Daniel Piñeiro como suplente.

Audio

Noticias relacionadas