Aprobado o cambio de 17 ordenanzas para o 2016

O Pleno deu luz verde á modificación das taxas e impostos municipais, que se manteñen conxelados ou baixan, como é o caso das de aproveitamento especial de vía pública por terrazas e grúas

Martes, 01 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Corporación aprobou no Pleno extraordinario deste martes o proxecto de modificación de 17 Ordenanzas Fiscais para o ano 2016, seis delas por unanimidade. As taxas e impostos municipais acordadas mantéñense conxeladas ou baixan, como é o caso das de aproveitamento especial de vía pública por terraza e grúas.

As 17 ordenanzas modificadas son as seguintes: taxa por expedición de documentos administrativos; por prestación de servizos urbanísticos; por licenzas de apertura de establecementos; por servizos de prevención e extinción de incendios; por prevención de ruínas, derribas e salvamentos;  por servizo de rede de sumidoiros; por prestación do servizo de centro de día; por prestación do servizo de mercado; por prestación de servizos nas escolas infantís municipais; pola prestación do servizo de comida no fogar; pola intervención municipal nas comunicacións previas e declaracións responsables nas aperturas de establecementos; por aproveitamentos especiais da vía pública; por aproveitamentos especiais da vía pública con entradas de vehículos e reservas de vía pública; imposto sobre vehículos de tracción mecánica; incremento do valor dos terreos de naturaza urbana; contrucións, instalacións e obras, IBI e os anexos das ordenanzas fiscais. 

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, avanzou que a principios do ano que vén crearase un grupo de traballo coa participación dos seis grupos con representación na Corporación municipal para, “entre todos, cunha boa planificación, elaborar as novas ordenanzas do 2017, co obxecto de actualizalas profundamente e buscando un alto nivel de consenso".

Expediente de municipalización da ORA

Por outra banda, a Corporación, en cumprimento dun acordo plenario, aprobou por unanimidade o inicio do expediente de municipalización do servizo ORA coa constitución dunha comisión de traballo, da que formarán parte a Alcaldesa, tres membros do Goberno, tres do Partido Popular, e un por cada un dos catro restantes grupos políticos municipais (Lugonovo, BNG, Cidadáns e ACE), xunto a un representante da Xunta de Persoal, un do Comité de Empresa, actores sociais, o secretario da Corporación, o interventor, os xefes de Contratación, Persoal e Enxeñería, o responsable do Gabinete de Tráfico, o asesor xurídico e o responsable do servizo de Transportes.

Noticias relacionadas