Aprobadas dúas direccións de obra e a coordinación de seguridade e saúde de 42 proxectos incluídos no FEIL

Venres, 24 de abril de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Compras celebrada esta mañá no Concello de Lugo aprobou a contratación do servizo de dirección de obra e o estudo de coordinación e seguridade de obra de seis proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local:

  • Por un importe de 16.8200 euros para o proxecto de urbanización da contorna do campo de fútbol Anxo Carro.
  • Un total de 17.700 euros para a dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras do proxecto construtivo da urbanización da Rúa Monte Adairo.
  • Para a coordinación de seguridade e saúde dos 42 proxectos de arranxo de camiños e de mellora da capa de rodadura na zona rural aprobouse o gasto de 54.104 euros.

Ademais nesta xuntanza aprobouse, fóra dos proxectos incluídos no FIEL, o gasto de 20.659 euros para mellorar os camiños nas instalacións de Bascuas. Como xa anunciara o Alcalde e o Concelleiro de Medio Ambiente, os orzamentos municipais recollen os investimentos precisos para que as 54 parroquias lucenses conten con obras ao longo do ano 2009.

Por outra banda, a Xunta de Compras aprobou tamén o investimento de 6.454 euros para a adquisición de plantas de tempada, arbustos e árbores e a súa plantación no Cemiterio Municipal de San Froilán.

Noticias relacionadas