Aprobadas as bases para provisionar catro prazas de inspector da Policía Local e o Tribunal Cualificador para o acceso de catro axentes

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a incorporación dunha nova Auxiliar do Fogar.

Xoves, 18 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local aprobou, a proposta da concelleira de Gobernanza Municipal, Paula Alvarellos, as bases específicas para provisionar catro prazas de inspector para a Policía Local, unha delas por concurso-oposición e as outras pola quenda de mobilidade (concurso).

Estas prazas están contempladas nas Ofertas de Emprego Público, segundo lembrou o voceiro do Goberno, Miguel Fernández. Nas OEP dos anos 2015, 2016, 2017 e 2018 contempláronse un total de 19 prazas de policía, 8 de quenda libre e 11 de promoción interna, neste caso 4 para ascender a inspector, unha a inspector principal e unha a intendente.

Tamén para a Policía Local, hoxe aprobouse a designación dos membros do Tribunal Cualificador para a proceso selectivo para o acceso de catro prazas de axentes.

Ademais, a proposta da área de Gobernanza designouse o Tribunal Cualificador para a cobertura dunha praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local e aprobáronse as bases para a cobertura interina de prazas de oficial electricista e para a creación dunha lista de funcionarios interinos para arquivo.

A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde a incorporación dunha nova Auxiliar do Fogar.

Licenzas urbanísticas

En canto á área de licenzas urbanísticas, se aprobaron dez, cinco delas na zona rural. Destaca a relativa á reforma e ampliación do hotel de catro estrelas na rúa Marina Española, con data de finalización de 30 meses. O orzamento desta obra é de 4,3 millóns de euros.

Noticias relacionadas