Aprobada a contratación de accións formativas enmarcadas na estratexia global de reactivación da economía local, impulsada polo goberno de Lara Méndez

A Xunta de Goberno aprobou no día de onte as bases para a concesión de axudas municipais destinadas á promoción e fomento do deporte feminino, cun orzamento de 32.100 euros.

Aprobáronse tamén catro licenzas para levar a cabo diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal.

Xoves, 12 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aprobada a contratación de accións formativas enmarcadas na estratexia global de reactivación da economía local, impulsada polo goberno de Lara Méndez

A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación mediante catro lotes, accións formativas para a mellora da empregabilidade, programación enmarcada na estratexia global de dinamización, reconstrucción e reactivación da economía local impulsada polo goberno de Lara Méndez.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez destacaba que “desde o Concello de Lugo traballamos ca finalidade de proporcionar á cidadanía maiores oportunidades laborais, adaptadas ás novas condicións do mercado actual, favorecendo a súa promoción profesional e fomentando a súa inserción, unha mostra máis do noso compromiso polas políticas activas de emprego, nun momento especialmente delicado pola situación de que nos tocou vivir”.

Aprobáronse tamén catro licenzas para levar a cabo diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal, concretamente, un muro de contencion na Rúa Río Lea , cun orzamento de obra de 4.430€, unha instalación dun porche en San Pedro de Mera cuxo presuposto de obra ascende a 8.572€, a sustitución de dous ascensores en Garabolos por importe de 62.605€ e a licenza para a división dunha parcela, en tres unidades en Nadela.

Xa noutra orde de asuntos, tamén se aprobaron as bases para a concesión de axudas municipais destinadas á promoción e fomento do deporte feminino, cun orzamento de 32.100 euros. Bases que teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo ás asociacións e a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2021, de programas e actividades culturais que beneficien a colectivos no eido da promoción da igualdade de xénero nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, contando dende o seguinte ao da publicación oficial da convocatoria no BOP. Así mesmo publicaranse na páxina web do Concello de Lugo e no Taboleiro de anuncios.

Noticias relacionadas