Animado Entroido na Praza de Abastos, co obradoiro infantil do Concello de disfraces e máscaras

Mércores, 06 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Animado Entroido na Praza de Abastos, co obradoiro infantil do Concello de disfraces e máscaras

A Praza de Abastos viviu unhas datas de Entroido ben animadas, grazas ao obradoiro de disfraces para cativos e cativas que organizou o Concello nas instalacións municipais. Nestes talleres, os nenos e nenas compuxeron as súas máscaras, disfraces e caretas, que remataron na tarde de hoxe.

A entidade local organizou estas actividades cun dobre obxectivo: por unha banda achegar á veciñanza o Mercado e a Praza de Abastos e por outro, facilitarlles as compras nestes espazos.

Noticias relacionadas