Ana González supervisa as obras do ascensor do Sagrado Corazon

A concelleira de Cohesión Social, Ana González, recordou que “O ascensor contará con tres paradas para salvar os diferentes niveis”

Os traballos foron adxudicados por importe de 240.000 euros a Construcciones Alea

Xoves, 10 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González supervisa as obras do ascensor do Sagrado Corazon

A concelleira de Cohesión Social, Ana González Abelleira visitou as obras do ascensor do Sagrado Corazon e explicou que “As obras avanzan a día de hoxe a bon ritmo, tal e como nos din os técnicos e como tiña que ter sido dende o principio”.

A edil, ten entre as competencias da súa área a mellora da accesibilidade do municipio, avanzou que a empresa ten previsto finalizar as mesmas principios de novembro, e será nese momento no que o Concello estudie as penalizacions pola demora na finalizacion dos traballos.

O ascensor do Sagrado Corazón, como foi de Fontiñas, son apostas da alcaldesa Lara Méndez por mellorar a accesibilidade dos barrios. Neste caso, beneficia  ao milleiro habitantes da contorna, pero tamén en comodidade e calidade de vida, sobre todo os maiores. Tamén se beneficiarán outras persoas que acudan ao barrio, que conta con diversos servizos básicos, como o colexio, o centro de saúde ou o centro de convivencia.

O ascensor contará con tres paradas para salvar os diferentes niveis: un deles a nivel da praza que dá acceso á igrexa e o outro máis arriba, para enlazar coa cota superior do soportal existente a carón do Salón de Actos do CEIP Sagrado Corazón.

Na actualidade, na escalinata do Sagrado Corazón existe un sistema de escaleiras de 3+3 tramos, que salvan un desnivel de 6,75 metros entre a Avenida Adolfo Suárez e a igrexa do barrio. Máis arriba das inmediacións do bloque nº23 do barrio prodúcese o final desta nova intervención, existindo unha diferenza de nivel entre ambos puntos de 11 metros, altura que o Concello salvará coa ascensor.

Noticias relacionadas