Ana González informou á Comisión de desafiuzamentos das últimas xestións feitas polo Concello entre as que destaca a sinatura dun convenio co Colexio de Avogados

Martes, 12 de marzo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presidiu esta tarde a reunión que celebrou na Casa do Concello a Comisión de desafiuzamentos.

Na xuntanza comunicouse que o Concello xa se recibiu resposta de dúas entidades financieiras máis, que, segundo informaron, non teñen pendente de executar nas próximas semanas ningún caso de desafiuzamento no municipio de Lugo.

Tamén se informou sobre o convenio que asinaron recentemente o Concello e o Colexio de Avogados para prestarlle asesoramento ás persoas que se vexan inmersas nun proceso deste tipo e deuse conta, asimesmo, de que está colgado na web do Concello www.lugo.es o díptico informativo que foi elaborado polos Servizos Sociais municipais.

A Comisión acordou, ademais, ampliar a entidades que traballan con persoas con poucos recursos, como poden ser a Cruz Vermella ou Cáritas, a difusión dos recursos ós que poden acudir para darlles atención.

Por último, deuse conta de que a Federación Galega de Municipios e Provincias ten previsto asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e o Poder Xudicial para evitar que as familias galegas afectadas por este problema se vexan inmersas en situación de exclusión social.

Multimedia

Noticias relacionadas