Ana González Abelleira entrega os diplomas das accións formativas da Fundación Secretariado Xitano no 2016

Estás accións enmárcanse no programa de emprego Acceder, co que colabora o Concello cuns 38.000 euros a través do Plan Estratéxico de Subvencións

Mércores, 01 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleira entrega os diplomas das accións formativas da Fundación Secretariado Xitano no 2016

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou este mércores, na Fundación Secretariado Xitano, na entrega dos diplomas aos participantes nas accións formativas desta entidade no 2016, a través do programa de emprego Acceder, co que colabora o Concello cuns 38.000 euros a través do Plan Estratéxico de Subvencións.

A través destas accións formáronse un total 88 persoas nas 41 empresas colaboradoras, acadando un 25% de inserción laboral.

Noticias relacionadas