Ana G Abelleria presentou os actos organizados con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller

O 25 de novembro, a Casa da Muller vai poñer en marcha unha serie de accións englobadas en torno a un concepto que é o de INVISIBLES

A primeira edición, que foi en 2019, estivo adicada a Rosa García Ascot, brillante pianista e compositora

Martes, 10 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana G Abelleria presentou os actos organizados con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude Ana G Abelleira presentaba esta mañá os actos organizados con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro, “unha data e unha programación na que queremos que toda a cidadanía se implique”, afirmou a edil.

O 25 de novembro, a Casa da Muller vai poñer en marcha unha serie de accións englobadas en torno a un concepto que é o de INVISIBLES. “Por Invisibles entendemos todas aquelas mulleres que, polo feito de ser mulleres, estiveron e continúan estando ocultas, desprazadas, discriminadas, marxinadas e minimizadas, tanto na súa esfera persoal como na social. Invisibles á hora de exercer a súa profesión, á hora de desenvolverse como persoas plenas de dereito, á hora de manifestar as súas opinións, á hora de vivir unha vida propia, digna e libre” explicaba a concelleira.

Cada ano INVISIBLES está adicado a mulleres que foron ou son invisibilizadas, como unha forma de dar luz, de dar a coñecer e de recuperar a súa historia ensombrecida e, demasiadas veces, eliminada, unha programacion que pretende visualizar que a igualdade aínda ten que abrirse camiño e gañar loitas e espazos.

A primeira edición, que foi en 2019, estivo adicada a Rosa García Ascot, brillante pianista e compositora, que formó parte do Grupo dos Oito, o equivalente musical da Xeración do 27, cuxa historia se perde mentres pervive a dos seus compañeiros músicos.

Este ano, a segunda edición, homenaxeará ás mulleres cineastas, que coas súas visións distintas e coa súa mirada única, son capaces de abrirnos mundos que cremos necesario coñecer. Ademáis, se porá de manifesto a situación discriminatoria das mulleres nun eido no que, maioritariamente, a cara visible é a dos homes.

INVISIBLES vai ter catro liñas de acción:

  1. Espazos expositivos en catro puntos da cidade (Casa da Muller, Tinería, Praza de Sto. Domingo e Praza Pío XII), dos días 23 ao 30, que lembrarán ás mulleres asasinadas e servirán, ademáis, de puntos informativos do resto de actividades.
  2. Espazo expositivo chamado: FEITO POR UNHA MULLER que darán a coñecer - farán visibles – a mulleres cineastas e as súas obras audiovisuais.
  3. Festival Cinema Mulleres - FILMU - que se celebrará do 25 ao 29 de novembro nos cines Códex, no que se presentarán películas feitas por mulleres e se realizarán charlas con cineastas invitadas, se presentará un Decálogo de como ver cinema en igualdade e se concederán os premios NOVA ONDA ás películas que, por su calidade e pola súa visión, fan unha mellor representación da muller e as súas situacións.
  4. Faladoiro Feminista con Mabel Lozano o día 28, que presentará, por primeira vez en Galicia, o seu novo libro PornoXplotación e que tamén proxectará, no marco do Festival, o documental El Proxeneta.

As inscricións permanecerán abertas dende este venres a través do espazo habilitado na páxina web do Concello www.concellodelugo.gal ou en www.filmu.es . Para participar será necesario completar o formulario cos datos do interesado/a. As prazas cubriranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. En caso de que as autoridades sanitarias non permitan levar a cabo as actividades de maneira presencias realizaranse na modalidade online.

Máis info

Audio

  • A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana G Abelleira, sobre o 25N | Descargar mp3

Noticias relacionadas