Ana Abelleira visita as instalacións de Alume, que mañá celebrará o Día Mundial da Saúde Mental

Luns, 09 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira visita as instalacións de Alume, que mañá celebrará o Día Mundial da Saúde Mental

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, entre outras autoridades, visitou este luns as instalacións de Alume, que mañá, como todos os 10 de outubro, celebrará o Día Mundial da Saúde Mental. Por este motivo, o colectivo instalará este martes unha mesa informativa e un tablón onde se recollerán ideas para fomentar a saúde mental no traballo na Praza Maior, diante da Casa Consitorial, entre as 11:00 e as 13:30 horas.

Na visita, a edil animou a Alume a seguir co labor que desenvolven día tras día, "importante e fundamental na sociedade", ao tempo que convidou a todo o pobo de Lugo a participar nos actos de mañá, que tamén inclúen a lectura dun manifesto, ás 12:00 horas, diante do Concello.

Noticias relacionadas