Ana Abelleira entrega os diplomas do Curso de Integración

Aínda quedan prazas vacantes para a próxima edición deste curso, que arrincará o vindeiro xoves. Os interesados poden inscribirse no Centro de Convivencia da Milagrosa

Luns, 28 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira entrega os diplomas do Curso de Integración

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, entregou este luns, na Sala de Xuntas do Centro de Servizos Administrativos do Concello, os diplomas acreditativos de asistencia ao Curso de Integración, acción cofinanciada pola Consellería de Polícia Social e polo Fondo Social Euroepo, dirixida a persoas inmigrantes extracomunitarias. A finalidade deste curso, que tivo lugar entre decembro e maio no Centro de Convivencia da Milagrosa e no que participaron 11 persoas, é que as persoas asistentes poidan obter un informe positivo de esforzo de integración emitido pola Xunta de Galicia. Este informe poderá ser presentado polas persoas estranxeiras non comunitarias nos supostos de renovaciónde autorizacións e será utilizado como información a valorar naqueles supostos donde non se cumpran todos os requisitos esixidos para a renovación.

O Concello de Lugo, consciente das dificultades coas que se poden atopar as persoas estranxeiras á hora de renovar ás súas autorizacións, decide impartir este tipo de accións formativas, que aademais buscan promover a integración deste colectivo da nosa cidade.

Na actualidade, e dentro da programación de animación sociocultural, quedan prazas vacantes para a próxima edición deste curso. Os interesados poden inscribirse no Centro de Convivencia da Milagrosa. O curso arrincará o vindeiro xoves e terá lugar ata o 7 de marzo, os martes e xoves das 19.00 ás 21:00 horas.

Noticias relacionadas