Amplíase o prazo de votación popular para escoller o deseño do cartel do San Froilán 2018

Os carteis participantes pódense votar na páxina web das festas patronais, www.sanfroilan.info, ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/sanfroilan.info

Luns, 21 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, amplía o prazo de votación popular do concurso de deseño gráfico para escoller o cartel do San Froilán ata o vindeiro sábado, 26 de maio ás 12:00 horas, por mor dun erro informático que ocasionou a entrada tardía dun participante. Co obxectivo de que todas as persoas inscritas no certame gocen das mesmas condicións e para favorecer a igualdade de oportunidades, prolóngase o prazo de votación.

Os 19 carteis participantes nesta edición do certame, pódense votar na páxina web das festas patronais, www.sanfroilan.info, ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/sanfroilan.info. Para poder realizar a votación soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, o que permite un reconto de votos máis seguro. As 10 obras que obteñan un maior número de votos someteranse a valoración dun xurado cualificado, que se reunirá na xornada do martes, 29 de maio, na Casa Consistorial, e que seleccionará o deseño galardoado que recibirá un premio de 2.000 euros.

 Máis información en www.lugo.gal

Noticias relacionadas