Amplíase ata este venres o prazo de presentación dos debuxos do concurso sobre a axuda dos fondos FEDER para a descontaminación dos solos do Carme

O certame está dirixido ao alumnado de primaria dos colexios do municipio de Lugo. Admitirase un máximo dun debuxo por persoa participante

Trátase dun concurso para involucrar ás nenas e nenos na importancia dun desenvolvemento urbano sostible e conciencialos sobre a necesidade de coidar o medio ambiente. Está enmarcado na Estratexia DUSI

Luns, 08 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O concurso de debuxo posto en marcha polo Concello, enmarcado dentro da Estratexia DUSI de Lugo, denominada Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER); co fin de involucrar ás nenas e nenos na importancia dun desenvolvemento urbano sostible e conciencialos sobre a necesidade de coidar o medio ambiente amplía ata este venres, 12 de abril o prazo de presentación dos traballos.

Este certame versa sobre unhas tarefas que se farán posibles grazas a esta estratexia e estes fondos FEDER procedentes da Unión Europea: a descontaminación no barrio do Carme, unha actuación que comezará nas vindeiras semanas e que consiste en eliminar os verquidos non controlados existentes na zona. Trátase, pois, duns traballos que mellorarán a calidade ambiental e a estética da cidade e cos que se axudará a protexer o patimonio natural de Lugo.

Este certame educativo de debuxo está dirixido ao alumnado de primaria dos colexios do municipio de Lugo. Tal e como recollen as bases, admitirase un máximo dun debuxo por persoa participante, que ten liberdade para utilizar a técnica que desexen. Valorarase a orixinalidade e calidade do debuxo. Os traballos deben presentarse no modelo oficial do concurso que facilita o Concello, na Oficina EDUSI do Concello. Os mellores debuxos serán recoñecidos cun diploma e un agasallo.

O xurado estará integrado por un técnico/a de EDUSI, outro da área de medio ambiente, outro da aréa de educación e un profesional das artes plásticas. Os premios entregranse o Día de Europa, unha data importante para trasmitir información sobre a política rexional comunitaria en España.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre o concurso de debuxo | Descargar mp3

Noticias relacionadas