Ampliado o prazo para inscribirse na viaxe á neve para os menores de 18 anos

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O prazo de inscrición para participar na viaxe á neve que organiza a Concellería de Xuventude ampliouse até mañá, venres, para os menores de 18 anos. Esta excursión está destinada aos mozos lucenses de entre 15 e 30 anos e se celebra por quinto ano consecutivo. Nesta edición os beneficiarios gozarán dunha estancia de tres xornadas na estación de esquí de San Isidro os días 16, 17 e 18 de marzo.

Este ano ofértanse 100 prazas, que se repartirán entre o grupo de menores de idade e o de maiores de 18 anos. É no primeiro grupo onde aínda queda algunha praza libre.

O prazo de inscrición foi aberto o día 27 de febreiro e unicamente se necesita para participar estar empadroado en Lugo ou no seu defecto certificar que se traballa ou estuda na cidade. Poden inscribirse os mozos que perciban menos de 1.000 euros mensuales.

Os prezos da viaxe están fixados dependendo das condicións socioeconómicas dos mozos, pois “trátase de proporcionar aos mozos máis desfavorecidos económicamente a oportunidade de gozar dunha viaxe a neve”, tal e como sinalou a edil, Rosana Rielo.

A viaxe, ademais do transporte e do aloxamento con pensión completa, inclúe o aluguer do equipo, o forfait e un curso de esquí de dúas horas diarias. O grupo de viaxeiros irá acompañado en todo momento por dez monitores.

Noticias relacionadas